A Confraría de Pescadores de Noia está a finalizar un estudo antropolóxico sobre o marisqueo na Ría, incluído no proxecto de colaboración entre as confrarías e os concellos da Ría de Muros Noia para impulsar a candidatura da Cultura do Marisqueo da Ría de Muros Noia a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
Os obxectivos deste estudo son afondar nos aspectos culturais e antropolóxicos do marisqueo da Ría de Muros Noia e facer visibles estos valores para a poboación en xeral. Asimesmo, este traballo servirá para concienciar ó sector e á sociedade dos concellos da Ría de Muros Noia sobre a transcendencia histórica e cultural da súa actividade. Todo isto co obxectivo final de dar notoriedade pública á candidatura da Cultura do Marisqueo da Ría de Muros Noia a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
Equipo investigador
O estudo antropolóxico está dirixido por Miguel Losada, director científico do ‘Simposio sobre a Cultura do marisqueo na Ría de Muros Noia’ desenvolto os días 26 e 27 de novembro na Casa da Cultura de Outes. O equipo está formado por investigadores galegos do ámbito académico, como Miguel Martínez (antropólogo e profesor da Universidad del Mar de Oaxaca –México-), Uxío Labarta (profesor de Investigación “Ad Honorem” do Consello Superior de Investigacións Científicas –CSIC-), Ana Acuña (filóloga e profesora da Universidade de Vigo) xunto con expertos na xestión do patrimonio como Xurxo Constela (arqueólogo profesional). Este traballo de investigación contará coas fotografías do fotografo afincado en Noia Pedro G. Losada.
Características do estudo
No traballo realizase un percorrido por cuestións como o rol da muller como traballadora e transmisora cultural, os condicionantes biolóxicos e económicos do marisqueo, e as tradicións asociadas e que operan como vehículo de interconexións sociais, entre outros aspectos.
Esta monografía pretende ser un produto que axude a centrar os esforzos da sociedade a prol do mantemento e prosperidade dunha paisaxe cultural que produciu riqueza a partires dun tesouro natural como é a diversidade e produtividade biolóxica desta ría.
Como os primeiros resultados do estudo, queda prefijado que o marisqueo, tal como maniféstase actualmente na Ría de Muros- Noia, é o resultado dun longo proceso que ten o valor universal ilustrativo acerca de como unha actividade económica de tipo “caza e recolección” como as que se asocian coas culturas paleolíticas e mesolíticas, foi transformada polas comunidades locais nunha economía de tipo produtivo como as que caracterizaron ao Neolítico e poucas décadas despois estas mesmas comunidades desenvolveron a actual modalidade industrial que caracteriza o mundo contemporáneo.
A permanencia do marisqueo nesta Ría non é só un vínculo, é o mellor exemplo de vinculación con algo xa que é ese ben en si mesmo, a súa continuidade e evolución no tempo como testemuña das xeracións pasadas e dos nosos devanceiros directos e doutros, o cal é algo excepcional.