
O crecemento sostible esixe proxectos viables e de éxito e de promotores capacitados. Dende a primeira convocatoria de axudas, o GALP ven poñendo en marcha un curso de capacitación para os promotores de proxectos produtivos beneficiarios das axudas, facéndolles ver os riscos e segredos dos negocios que van a poñer en marcha. A iniciativa vense desenvolvendo con éxito dende o momento do seu inicio, e nestes intres estamos a piques de rematar o programa formativo dos beneficiarios das axudas da convocatoria 2019.
Os beneficiarios son sete proxectos de alto interese para o territorio do GALP, entre os que se inclúen: tres hoteis, un restaurante, unha proposta de turismo familiar e activo, unha iniciativa de turismo náutico, e un centro de información que actuará como central de reservas de moitos dos establecementos do territorio.
A asistencia que se está levando a cabo consta de dous bloques de actividades diferenciados: un asesoramento técnico individualizado no proceso de execución e posta en marcha do proxecto, e unha formación grupal desenvolvida a través de obradoiros presenciais.
Da formación en grupo téñense impartido catro dos cinco obradoiros especializados previstos:
- Xestión empresarial,.
- Identidade territorial, centrándonos en como converter en vantaxe competitiva a identidade da zona de influencia, partindo das señas identitarias do territorio de GALP Costa Sostible respecto a outros territorios.
- Responsabilidade social corporativa, abordando de que modo a aplicación de políticas de RSC contribúe a valorizar os respectivos negocios, especialmente o aproveitamento comunicativo da RSC como factor competitivo.Neste aspecto fixose unha sensibilización importante e estanse ver os primeiros resultados
- Atención ao cliente (nacional e internacional) e como a calidade da mesma repercute competitivamente no negocio.
Queda por desenvolverse un quinto obradoiro que, dadas as circunstancias derivadas da crise do Covid-19, centrarase en tratar estratexias e medidas que permitan adaptar o proxecto inicial ao novo escenario de mercado.
Respecto ao asesoramento tećnico individualizado a cada promotor, tense desenvolvido algo máis do 50% das horas globais de asistencia. A situación de confinamento derivada da pandemia polo coronavirus fixo necesario converter a maioría das sesións destes últimos dous meses en asistencias en remoto. Soamente aquelas actividades que precisan de acción presencial foron pospostas.
Este asesoramento individual enfócase en planificar e implementar a posta en marcha dos respectivos negocios. Ten como meta asegurar a viabilidade económica e social dos seus proxectos, así como xerar un alto impacto no público obxectivo, posicionando ao negocio como un referente no ámbito territorial de actividade. Adicionalmente, búscase crear sinerxías entre os negocios asesorados, así como con outros xa existentes no territorio.
Os consultores responsables, tras un diagnóstico xeral inicial, están a tratar aspectos operativos en atención ás necesidades de cada promotor. Así, podemos atopar temáticas tales como:
- Posicionamento estratéxico no mercado de referencia.
- Identidade corporativa.
- Fixación de obxectivos e cadro de mando.
- Oferta (produto, servizo, experiencias) e valores engadidos.
- Plan de marketing/visibilidade.
- Sistema de xestión da calidade.
- Recursos humanos.
- Satisfacción do cliente.
- Xestión interna.
- Comunicación.
- Paquetización.
- Comercialización.