Estamos no último período do actual plan de axudas. Só restan dúas convocatorias: setembro 2020 e marzo 2021. Non esperes ao final.
O pasado 1 de marzo rematou o prazo de presentación de proxectos para a actual convocatoria de axudas. Nestes intres o GALP Costa Sostible analiza os distintos proxectos presentados para elaborar a proposta de concesión de axudas, que verá a luz debido as circunstancias que atravesamos máis tarde do previsto inicialmente.
Das trece iniciativas presentadas, destacamos como novidade fronte a convocatorias anteriores a orientación dos distintos proxectos a posta en valor do patrimonio marítimo do territorio. Froito do traballo previo do GALP nos meses anteriores, cuxo obxectivo e conseguir unha execución equilibrada da súa proposta orzamentaria, esta convocatoria roza xa o final do programa de axudas que o GALP Costa Sostible ven implantando no territorio dende 2016, quedando pendente unha ultima convocatoria en marzo do próximo ano.
Co transcurso das distintas anualidades cada vez é mais frecuente contar con proxectos conxuntos por parte do sector pesqueiro, quedando cada vez máis latente a unión das distintas confrarías do territorio. Neste caso co proxecto que presentan pretenden a implantación de novas tecnoloxías no sector, que permitan unha mellor xestión da actividade marisqueira do territorio. O primeiro proxecto que financiou o GALP dentro desta modalidade conxunta foi a aposta pola promoción da marca Polbo de lonxa que promoveron as confrarías de Lira e Muros, este veu seguido de dous proxectos de gobernanza por parte do sector que deixan latente a importancia da coxestión no modelo de traballo do GALP. Estes foron: a elaboración dun protocolo de coxestión para unha zona de libre marisqueo promovido polas confrarías de Muros e Noia, que actualmente explotan conxuntamente estas confrarías, e a unión das confrarías e concellos da Ría Muros Noia no recoñecemento do marisqueo como patrimonio inmaterial.
Nestes intres o Galp leva executado un 50,4% do programa de axudas concedido , e esta cifra ascenderá ao 73.,8% unha vez se acaben de executar os proxectos financiados a pasada anualidade, o obxectivo do GALP e acadar a execución do alo menos o 90% do orzamento asignado, polo que centrará os seus esforzos en captar proxectos do sector pesqueiro,
Si tes alguna idea estamos a túa disposición para orientarche nas nosas oficinas de Noia e Corcubión.