
Os días 26 e 27 de novembro tivo lugar na Casa da Cultura de Outes un simposio como acto central de apoio a Candidatura do Marisqueo na Ría de Muros Noia a Patrimonio Cultural Inmaterial pola UNESCO.
Este proxecto, que xa empezou a fraguarse na elaboración da EDLP do Galp , figurando como unha liña de actuación da mesma que o mesmo tempo va visibiliadade a varias liñas de traballo que se encadran neste documento.
En primeiro lugar esta candidatura do Marisqueo na Ría de Muros Noia a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, só coa súa presentación e formulación, contribúe dunha forma moi eficaz á visibilización do sector marisqueiro do noso territorio, así como a posta en valor do noso recurso pesqueiro
Por outra banda, móstrase como un elemento que repercute na diversificación económica, orientando cara a o eido do turismo mariñeiro. E proxecta tamén outra das nosas liñas de traballo que é a posta en valor do patrimonio natural e cultural.
Ademáis esta candidatura reflicte outros piares básicos básicos da filosofía do GALP Costa Sostible, como son a sostenibilidade, xa que se trata dun modelo de pesca respectuoso co medio mariño; e como é a gobernanza do territorio, baseada na coxestión como un dos aspectos máis importantes da estratexia de traballo do noso grupo
Toma corpo desta forma un proxecto presentado por os concellos da ría e por as catro confrarías de pescadores: a confrarías de Noia, Muros, Portosín e Porto do Son.
Unha idea nada lentamente hai 4 anos, que agora pode converterse nun referente á hora de mostrar como aunar esforzos o sector público e o sector pesqueiro dun territorio, neste caso a Ría Muros Noia, contribuíndo ao frtalecemento da súa identidade
Claves do proxecto
O marisqueo nesta ría é un fenómeno vivo e ancestral que comunica directamente a realidade económica actual con os estadíos máis remotos do proceso de sucesión cultural das comunidades humanas en calquera parte do mundo, por tanto é un exemplo de autenticidade.
O rol da muller no marisqueo da ría é un exemplo insuperable da importancia e transcendencia da actividade económica e cultural da muller, polo que constitúe tamén un grande exemplo de sistema de desenvolvemento local exportable como modelo de organización.
A tradición é outro trazo diferenciador. É evidente o carácter tradicional da actividade, desaparecida en xeral no resto do mundo e claramente amenazada a escala global. Esta actividade, orientada desde os seus inicios mediante criterios sostibles, é un modelo de éxito na capitalización local a “escala humana” e non compromete o benestar das xeneracións futuras.
Destaca tamén a forte personalidade de este fenómeno, no que a economía e maila cultura dependen unha da outra. Neste sentido, mesmo dentro da súa área cultural inmediata (Galicia), esta realidade ten un marcado carimbo de autenticidade e imaxen de marca, e é unha testemuña hoxe acerca dunha tradición cultural e económica de relevancia humana global, xa desaparecida en moitas das costas do planeta.
O Simposio, no que interviron dfsitintos especialistas, tratou de perfilar,sempre no marco destas claves, toda a realidade do marisqueo na ría, desde aspectos biolóxicos, económicos e patrimoniais ata a referencias temas de igualdade.