O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra – Ría de Muros-Noia, Costa Sostible, ou máis sinxelamente, GALP Costa Sostible, é o responsable no seu territorio da xestión das axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. É o interlocutor para os promotores locais na súa procura de financiamento para iniciativas de interese económico e social.
O seu ámbito de actuación comprende, de norte a sur, os seguintes concellos: Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son. Neste territorio o GALP Costa Sostible financia proxectos para a creación ou mellora de actividades económicas e de servizos de interese local dende 2015 a 2020.
Conservas Sotavento
O seu obxectivo principal diríxese ao sector pesqueiro. O GALP Costa Sostible persigue fomentar a realidade dun sector pesqueiro máis sostible, tanto ambiental como económicamente, e o fai a través dunha xestión máis eficiente dos recursos e do incremento do valor engadido, a diversificación e a innovación nos estadios da cadea de valor vinculados á transformación, á distribución e á comercialización, aliñándonos cos obxectivos do Crecemento Azul, a estratexia a longo prazo de apoio ao crecemento sostible dos sectores mariño e marítimo fixada pola Comisión Europea.
Pero tamén dedica unha parte importante dos recursos para apoiar unha diversificación económica, incrementando a competitividade, o emprendemento, a mellora das oportunidades de traballo e o emprego alternativo ao traballo no mar. A maneira de levar adiante esta proposta é potenciando o sector turístico e a diversificación en xeral da actividade produtiva do territorio, tomando a condición mariñeira do mesmo como elemento diferenciador.
Cabanas de Fisterra
Finalmente, o patrimonio natural é cultural tamén se atopa entre os obxectivos estratéxicos. Búscase mellorar a calidade de vida das poboacións costeiras mediante a conservación do medio ambiente e a cultura tradicional e a rehabilitación e posta en valor do patrimonio cultural e natural costeiro. Unha tarefa que nace baseada no respecto por unhas tradicións, por un saber facer que forma parte dun patrimonio cultural herdado dos nosos antepasados e que estamos obrigados a preservar e destacar como parte fundamental da nosa identidade como poboacións pesqueiras.
Contos do mar