
PLAN LIBRE MARISQUEO
As confrarías de Muros e Noia xestionarán conxuntamente os areais da praia do Castelo e praia de Esteiro a partires do ano 2018. Estes bancos marisqueiros que ata de agora estaban catalogados como zonas de libre marisqueo, e polo tanto sometidos o Plan xeral de explotación marisqueira, dispoñen para o ano 2018 dun Plan especíco que xestionarán conxuntamente as confrarías de Muros e Noia.
O plan estará coordinado por ámbalas dúas confrarías e dará traballo a 101 persoas (71 mariscadoras de Noia e 30 de Muros), durante un máximo de 25 días a longo dos meses de abril e maio.
ORIXE
Esta iniciativa ten a súa orixe na preocupación das mariscadoras de a pé pola situación na que se encontraban os citados areais, escasamente aproveitados e con presenza de moito furtivismo. Esta situación, levou a ambas confrarías a presentar un proxecto conxunto de cooperación ante o GALP Nº 4, denominado Deseño e desenvolvemento dun protocolo de coxestión entre as confrarías da Ría Muros-Noia.
OBXECTIVOS
Coa posta en marcha do Plan esperase acadar, entre outros, os seguintes resultados:
• Obter un mellor aproveitamento económico tanto a nivel de cantidades como a nivel de prezos, con un impacto positivo directo na rendas das mariscadoras.
• Actúase contra o furtivismo, póndolle freo ao desenvolvemento das redes organizadas que actuaban nesas zonas.
• Mellórase a profesionalización, dado que un grupo de 101 mariscadoras van a ter ata uns 25 días anuais máis de actividade.
• Se fará unha extracción mais equilibrada desde a perspectiva medioambiental.
En definitiva, o citado Plan busca mellorar e diversicar a renda das mariscadoras, contribuíndo a profesionalizar o marisqueo ao mesmo tempo que se afonda na cooperación entre ámbalas confrarías. Este último aspecto é unha das innovacións do proxecto, que pretende ser un referente para outras rías da nosa Comunidade.
Este proxecto deu lugar a publicación dun libro baixo o título As Agrupacións de Marisqueo a Pé na Ría de Muros – Noia. Unha análise a partir da teoría da xestión dos comúns. Nese texto, contando coas achegas de Elinor Östrom (premio nobel de economía 2009) sobre o goberno dos bens comúns, se fai unha análise das citadas agrupacións, se aportan recomendacións e se xan retos.
Na última parte do libro, se incorpora un protocolo, que pode servir de base para que outras entidades poidan desenvolver actuacións de colaboración similares ás realizadas polas confrarías de pescadores de Muros e Noia.