O Plan Específico de Coxestión entre as Confrarías da Ría de Muros-Noia está en marcha dende o ano 2018, e desenvólvese nos areais das praias de O Castelo e Esteiro. Este plan está coordinado por ambas confrarías e dá traballo a máis de 100 mariscadoras da ría.
Cales son os obxectivos deste plan?
Fundamentalmente, profesionalizar o marisqueo optimizar o aproveitamento dos recursos pesqueiros do territorio e desenvolver a cooperación entre ambas confrarías, servindo de exemplo a outras.
En concreto preténdese:
-Mellorar o aproveitamento económico dos recursos, o que reverterá nunha mellora da renda das mariscadoras.
-Actuar contra o furtivismo (xa que ata entón, estes bancos marisqueiros estaban catalogadas como zonas libres).
-Avanzar na profesionalización deste oficio, Mellorar a rentabilidade das mariscadoras de ambos pósitos terdándolle a estas mariscadoras ata 25 días máis de actividade ao ano, ao amparo do devandito plan.
-Extraer os recursos marisqueiros de forma máis equilibrada medioambientalmente.
Cómo naceu a idea?
A idea xurdíu directamente das mariscadoras de a pé, preocupadas pola situación de abandono e vulnerabilidade de ambos areais. As confrarías de Muros e Noia uníronse entón para presentar conxuntamente un proxecto de cooperación ante o #GALP Costa Sostible. Nese momento naceu o Deseño e Desenvolvemento dun protocolo de Coxestión entre as confrarías da Ría Muros-Noia.
Coñezamos a opinión dos seus protagonistas
Adela Lestón, presidenta das Mariscadoras de Muros, declarou que “esta é unha zona bastante extensa e produtiva, polo que decidimos chegar a un acordo no que temos postas moitas esperanzas. De feito, estes dous anos foron moi produtivos.
Soledad Amado, presidenta das mariscadoras de Noia, indicou que “fixemos un plan de explotación en conxunto do que estamos moi contentas. O ano pasado tivemos moi boa campaña e agora vixiamos día e noite, para que non veñan os furtivos a levar o marisco”.
Pola súa banda, o Patrón Maior de Muros, Daniel Formoso, explicou que “traballamos en conxunto coas mariscadoras de Noia porque tanto a pé como en barco vaise a mariscar a Noia. Aquí en Esteiro había unha zona moi produtiva pero cun problema claro de furtivismo. Grazas a este protocolo, conseguimos frenalo”.
Qué resultados se conseguiron ?
Grazas a este plan, un total de 101 mariscadoras de ambas entidades prolongarán o seu período de traballo durante 25 días máis. O número medio de mariscadoras foi de 81; os días efectivos de marisqueo foron 13; extraéndose 1.053 Kg, o que deu lugar a unha facturación de 68.712,00 €.