
O pasado venres, 16 de novembro, tivo lugar a inauguración dun proxecto moi orixinal: a Peixería Turística Mar da´Morosa en Mallou (Carnota).
O Km0 do Km0
Esta localización tan centrada no noso territorio www.costasostible.com xa lle fai merecedor da consideración de Km0, pero hai moitos outros aspectos máis, que agora imos descubrir.
Nosa xerente, Manuela Oviedo, con Flor e Javier, os propietarios do orixinal establecemento
Flor e Javier, os propietarios, situaron o seu novo establecemento no baixo do restaurante da súa propiedade (A Morosa). Isto xa abre a porta a unha dobre posibilidade: os clientes poden elixir os peixes e mariscos que desexen e levalos á súa casa ou consumilos no propio restaurante.
Xa están ao teu alcance na web: www.mardamorosa.com
Eles defínense como “ artexáns do peixe”, do cal xorde outra das características máis destacadas desta peixaría: non soamente limitaranse á venda, senón que tamén queren realizar auténticos “obradoiros de cociña”; para iso un especialista de peixes de baixura mostrará a forma máis adecuada de limpalos, de filetearlos ou de preparalos para o consumo.
O establecemento conta cun deseño moi funcional, que facilitará o traballo de preparación e as demostracións
Un obxectivo expreso é a posta en valor da pesca costeira artesanal, co cal se converten automaticamente nun referente do certificado Km0 de MarGalaica (a marca turística dos GALP).
O polbo de lonxa (www.pulpodelonja.com), unha aposta dos GALP, tamén está representado en Mar da´Morosa
Un moderno vehículo industrial adaptado ponnos na liña da nova canle de comercialización que tamén inauguran. www.mardamorosa.com converterase nunha tenda dixital desde a que comercializar os seus produtos da peixería nun territorio cada vez máis amplo.
O vehículo que axudará a distribuír os produtos da peixería turística
Pero para considerar a peixería Mar da´Morosa como o km0 do km0 tiña que haber algo máis: e aquí a empresa dá mostras dunha gran responsabilidade social, ademais dunha gran estima polo territorio, xa que aproveitarán a súa nova canle dixital para promocionar os atractivos da nosa terra, facendo énfase nunha especial atención á preservación e protección dos recursos mariños.
Varios andeis relaciónano coa paisaxe, coa artesanía e con diversos produtos do GALP Costa Sostible
Unha chiscadela á Ruta dos Faros de Galicia, outro produto de MarGalaica (www.rutadosfaros.gal)
Un completo conxunto que se converte ista peixería nun exemplo dos valores que a filosofía do GAL Costa Sostible quere difundir, e que por ese mesmo motivo fainos enorgullecernos por axudar ao seu nacemento e posta en marcha coa xestión de axudas e coa organización de cursos especializados para os nosos novos promotores.
Un bo grupo de amigos e clientes achegouse o pasado venres a peixería Mar da´Morosa
Dámoslles os parabéns e desexámoslles moitos éxitos moitos éxitos con este orixinal proxecto.
Durante a inaugarión serviuse un completo menú degustación que incluía pratos de notable preparación
Mar da´Morosa
Toma unha tarxeta e goza da pesca costeira artesanal e dos mellores mariscos
Mallou, 182. – 15293 Carnota (A Coruña)
T. 981 857 463 – info@mardamorosa.com – www.mardamorosa.com