Comeza o ano e, ata o próximo 1 de marzo de 2018, xa está aberto un novo período de axudas. Se tes algunha idea ou estás a comezar a desenvolver un novo proxecto que mellore a sustentabilidade ou o valor engadido do sector pesqueiro, que colabore coa diversificación económica ou que mellore as condicións de vida da nosa poboación, recomendámosche que achegarte ao GAL Costa Sostible, onde recibirás moito máis que axudas económicas.
Neste momento estamos en período de recepción de proxectos, pero, como advertimos durante todo o 2017, sempre é un bo momento para achegarse ás nosas oficinas, porque sempre axudaremos para que a túa idea se vaia concretando e desenvolvendo.
Nos últimos anos colaboramos na posta en marcha dun bo número de proxectos: restaurantes, hoteis, depuradoras, conserveiras, empresas turísticas… Participando en todos os pasos da súa posta en marcha e mesmo fortalecendo a súa viabilidade con cursos de formación.
De igual forma, o noso GALP Costa Sostible está aberto á colaboración con outros GALP galegos (ou de ámbitos superiores) para realizar proxectos de interese máis xeral ou que polos seus especiais características desborden o territorio asignado a un único GALP. A Ruta dos Faros de Galicia, que abarca toda a nosa costa galega, o proxecto Morada Atlántica, que comezamos co GALP Costa da Morte, pero aberto a todo o Atlántico europeo, ou o proxecto Candieira, orientado ás mulleres do sector pesqueiro, son bos exemplos diso.
O medio ambiente, e de forma especial o medio mariño, está tamén presente nas nosas actuacións, sexa en forma de campañas para mellorar a nosa actitude ante o cambio climático, ou como parte integrante da nosa filosofía, o que implica que todos os proxectos aprobados teñan presente a sostenibilidade e a protección paisaxística na súa propia formulación.
Citamos antes os cursos de formación para promotores; este é un elemento exclusivo do GALP Costa Sostible, que ante o seu destacado éxito, posiblemente esténdase a outros GALP. Durante o seu primeiro ano de posta en marcha realizamos diversos cursos de formación para os nosos promotores. Estes cursos centrábanse en variadas temáticas: fiscal, comercial, promocional ou publicitaria… Un exemplo de que a nosa axuda non é só económica: acompañámoslles durante todo o ano con estes cursos especializados e tamén cun asesoramento individualizado, co obxectivo de que o proxecto alcance a desexada viabilidade e teña un longo futuro por diante.
Colaborando co asociacionismo, impulsamos a posta en marcha da Asociación de Mulleres do Sector pesqueiro Seo Fisterra Ría de Muros Noia. Unha entidade que nace coa intención de fomentar a participación das nosas mulleres e de achegar visibilidade ao seu traballo e ás problemáticas coas que se enfrontan.
Tamén colaboramos na promoción dos produtos máis destacados ou do noso territorio, ben achegando axudas ou integrándonos na organización. As xornadas de exaltación do berberecho de Noia, o fin de semana de Azul de Portosín, nosa moi destacada presenza en Turexpo (Silleda), ou o apoio ao centro de visitantes da Ría de Muros Noia, son moi bos exemplos.
En definitiva: o GALP Costa Sostible sempre estará ao teu lado colaborando para conseguir que os bos proxectos fáganse realidades. Agardamos por ti.