O GALP COSTA SOSTIBLE CELEBRA A XORNADA O TURISMO ACTIVO E EXPERIENCIAL COMO FONTE DE DIVERSIFICACIÓN ECONÓMICA.
O vindeiro 15 de febreiro de 2018 ás 16:30h, na @Fábrica de Sel terá lugar unha xornada dedicada a salientar casos de éxito a nivel nacionla relacionados co Turismo Activo e experiencial exportables ao territorio do GALP COSTA SOSTIBLE. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/IyIh8DJKoU0KSeLY2
PROGRAMA:
16:30 Presentación
17:00 AGETAN: Cara un novo modelo de Turismo Activo en Galicia.
Agustín Rico – Presidente da Asociación Galega Empresas de Turismo Activo e Natureza.
www.galiciadestinoactivo.com
17:30 TROKA ABENTURA: Creación de experiencias de Turismo Activo a través dos deportes tradicionais vascos.
Xabier Fortes – Propietario
www.troka.com/
18:00 PREPYR 365: Colaboración público-privada e sistema de xestión compartido.
Javier García – Oficina técnica
www.prepyr365.com
18:30 PINCHO NETWORKING
19:00 SURF A TODA COSTA: Modelo de desenvolvemento e impacto económico do produto turístico Surf en Ribamontán al Mar, Cantabria.
Luís Cayón de las Cuevas Xerente do Plan de Competitividade Turístico de Ribamontán al Mar.
www.surfatodacosta.es
19:30 TURISMO MARINERO: O Turismo Mariñeiro como elemento de diversificación económica dos territorios pesqueiros: o caso particular da Costa do Sol.
Sonia Cruz Ibarra
www.turismomarinero.com/
20:00 FIN
Unha sorte poder contar con tan interesantes persoeiros referentes en Turismo Activo no panorama nacional na XORNADA O TURISMO ACTIVO E EXPERIENCIAL COMO FONTE DE DIVERSIFICACIÓN ECONÓMICA
A xornada comezará co relatorio de Agustín Rico que inspirará sobre o camiño a seguir no panorama rexional como presidente Asociación Galega Empresas de Turismo Activo e Natureza. A continuación Javier García falaranos do caso de éxito dun modelo de colaboración público-privada de turismo activo como director da oficina técnica de Prepyr365. Xabier Fortes é propietario de TROKA ABENTURA, unha empresa vasca que soubo interpretar os deportes tradicionais da súa rexión de xeito turístico e crear un novo e innovador modelo de negocio mesturando varios elementos da identidade do territorio: tradición, deporte e natureza. Luís Cayón é o xerente do Plan de Competitividade Turístico de Surf de Ribamontán al Mar e falaranos do primeiro destino turístico de España que pensou na promoción do Turismo de Surf realizando una importante inversión que hoxe en día deriva en 344 empregos directos e 12,1 millóns de Euros anuais en Cantabria. Para rematar a xornada escoitaremos a Sonia Cruz Ibarra que falará da súa empresa Turismo Marinero e como consigue conformarse como o nexo de unión entre a sociedade e o mundo pesqueiro na Costa do Sol.
A que estás agardando, inscríbete xa nos relatorios que máis che gusten!
https://goo.gl/forms/IyIh8DJKoU0KSeLY2
Agustín Rico defínese como un enxeñeiro renegado que reinventa a súa carreira cunha ampla formación de posgrao mediante masters de turismo, SIG e Dirección de Marketing e Comercial. Leva máis de 10 anos dedicandose ao turismo activo como técnico e na posteriormente como empresario.
Hoxe en día é presidente da Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo ademais de convinalo con outros proxectos personais de consultoría e dirección de proxectos turísticos facendo da súa paixón polos deportes o seu traballo. agustin@galaicaventura.com
Jabier Fuertes Udaondo é Animador Sociocultural e Guía de Montaña de formación pero a súa carreira profesional exténdese moito máis aló, sempre dirixíndose cara o desenrolo do Turismo Activo.
Ademais de ser presidente da Asociación de Empresas de Turismo Activo de Euskadi, Txapas (como moitos o coñecen), ten un longo percorrido na asesoría de calidade turística así como na docencia universitaria. Seguramente a súa creatividade, que o levou a ser deseñador de probas para realitys de aventura en TV, polo que estará connosco para inspirarnos e falarnos do modelo de negocio de TROKA ABENTURA. txapas@troka.com
Javier García é Enxeñeiro Agrícola especializado en Desenvolvemento Rural. Técnico de sendeiros FEDME e Guía de Bicicleta de montaña pola Federación Aragonesa de Ciclismo.
Tolo polas montañas, as súas paisaxes e a actividade que se pode realizar nelas como a bicicleta de montaña, o sendeirismo, trail running, escalada, etc. A través da súa consultoría “Insólito” desenrola proxectos como Prepyr 365 do que nos falará nesta xornada. javier@insolitoproyectos.com
Luís Cayón comeza a súa andaina profesional obtendo a Licenciatura en Dereito para continuar especializándose en mercadotecnia e así comezar a desenrolar unha intensa carreira profesional no mundo da consultaría de comunicación e publicidade enrolándose en numerosos proxectos desta índole.
Na actualidade desenrola un importante papel como xerente do Plan de Competitividad turístico de Ribamontán al Mar. Proxecto creado para dinamizar turísticamente o concello de Ribamontán al Mar no ámbito do Turismo Activo a través do aproveitamento dos recursos naturais do territorio promovendo a práctica do surf na busca de instaurar un modelo turístico sostible no territorio. surf@ribamontanalmar.es
Shonia Cruz Ibarra desenrrola o perfil de directora e fundadora de Turismo Marinero Costa del Sol. Cun amplo currículo como técnica en Turismo e máis de 15 años na dirección hoteleira e a xestión de eventos, Shonia atopa no Turismo Mariñeiro a súa paixón e xunto con Pedro, (pescador de longa tradición familiar) crea a empresa Pesca y Turismo Medioambiental onde en 2012 nace Turismo Marinero Costa del Sol. Esta iniciativa piloto é pioneira en toda Andalucía e conseguen ser o nexo de unión entre o sector pesqueiro e a sociedade para achegarlles o mar e os seus recursos. info@turismomarinero.com
Esperámosvos o xoves 15 de febreiro ás 16:30 na antiga fábrica Sel de Muros