
O día amenceu gris e chuvioso, preludio do que pola tarde se viviría: o ciclón Fabien. Aínda con todo, a climatoloxía non foi un impedimento para que centenares de persoas se achegasen ata o Mercado de Abastos, en Compostela, para ultimar as compras navideñas. Era sábado e faltaban tan so tres días para a Noiteboa.
Coincidindo coa afluencia de visitantes propia destas datas, o GALP Costa Sostible e o Geodestino Ría de Muros-Noia (A Ría da Estrela) en colaboración coa marca Berberecho de Noia, trouxemos ata aquí unha mostra dos mellores productos do mar da nosa zona.
A partires das 11 da mañá, os clientes e visitantes do mercado comenzaron a disfrutar dunha degustación a base de mexillóns en escabeche, salpicón de polbo de lonxa e berberechos ó vapor. O comentario máis escoitado entre a xente foi a enorme calidade dos nosos productos, e o interés pola forma de cociñalos.
Unha hora máis tarde, comenzaba nas cociñas do mercado unha exhibición de cociña a cargo de tres cociñeiros do territorio Costa Sostible, que puxeron en valor a través dos fogóns os seus platos estrela.
Temos que destacar que esta iniciativa é un extraordinario exemplo de traballo en equipo, xa que os cociñeiros recibiron a axuda doutros catro profesionais ( Lucinda Caamaño, de Casa do Zuleiro -Outes-, Noelia Rodríguez e Dores García, de Casa Peto Outes, e de Montse Vila, da Casa do Tella e Rosalía -Portosín-, quen ademais foi a condutora do evento.
O Showcooking contou coa presenza da Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, quen destacou a calidade destos produtos, amparados pola etiqueta ‘Km 0 Margalaica’. “Esta é unha garantía máis de certificación da boa calidade dos produtos de mar de Galicia, tanto de peixes como de mariscos. Unha iniciativa que trata de diferenciarnos e garantir que o consumidor está a mercar produtos capturados a menos de 100 kilómetros de distancia do porto de descarga”, comentou Rosa Quintana, engadindo que todos os restaurantes que se acollen a esta marca ofrecen nas súas cartas eses produtos de proximidade, comprados directamente na lonxa.
Esta etiqueta garantiza a calidade e frescura para o cliente, e a reducción da pegada de carbono, valorando así o traballo dos pescadores e mariscadores locais. “En definitiva, salimos todos gañando: o pescador, porque vai diferenciar o seu produto respecto a outros, o consumidor porque ten unha garantía do orixe do produto de calidade, e o restaurante porque vai ver máis satisfeitos ós seus clientes. En definitiva, sale gañando Galicia porque toda esta cadea do mar o que fai é mover o noso mar, mover a nosa economía e mover o noso territorio” declarou a Conselleira de Mar da Xunta de Galicia.
O evento, aberto ó público en xeral, comenzou coa degustación de Polbo de Fisterra sobre pataca rota de Coristanco con allada de 24 horas, cebola caramelizada e crocante de kimchi, cocinado por Leo Fuentes, do Restaurante Anduriña (Fisterra).
Tras esta delicia culinaria, os asistentes probaron o Lomito de merluza do pincho, con veloute de berberechos da ría, elaborado por Iván Sande, do Restaurante Vila de Muros. Outro manxar da ría de Muros Noia.
E a última pero non menos importante receta consistíu nun Pinto curado con eneldo e menta en ensalada de canónigos, rúcula e vinagreta de mango, receta elaborada por José Senande, do Restaurante a Muradana (Muros).
Estos profesionais dos fogóns veñen de colleitar un enorme éxito no seu papel de embaixadores da Ría de Muros Noia nos distintos eventos nos que teñen participado, como na Turexpo de Silleda, o Fórum Gastronómico de A Coruña, o Fórum de Barcelona, o Xantar de Ourense ou a Feria Víndemo Ver de Carnota.