• gl  Galego
  • Presentación
  • Axudas
  • Formación
  • Cooperación
  • Turismo
  • Proxectos
  • Noticias
    • Zona de Descargas
  • Contacto
  • glGalego
Costa Sostible
  • Presentación
  • Axudas
  • Formación
  • Cooperación
  • Turismo
  • Proxectos
  • Noticias
    • Zona de Descargas
  • Contacto
  • glGalego

As Xornadas do Patrimonio Marítimo espertaron gran interese

 

 

 

 

 

Os pasados días 20, 21 e 22 de setembro o Concello de Porto do Son acolleu as “Xornadas de Promoción do Patrimonio Marítimo Tradicional”, un amplo conxunto de actividades (relatorios, visitas guiadas, roteiros, exposicións, degustacións e presentacións) coas que o noso GALP Costa Sostible pretende revisar conceptos e revalorizar a nosa cultura mariñeira en todos os seus aspectos. www.portodoson.gal

A presentación institucional foi realizada por Carmen Lamela, do grupo de estudos territoriais da UDC; Juan López Oviedo, membro da Mesa de Patrimonio Marítimo do GALP Costa Sostible; nosa xerente, Manuela Oviedo; e a Tenente-Alcalde do Concello de Porto do Son, María Maneiro, quen foi a encargada de dar a benvida á cincuentena de asistentes que nos acompañaron ao longo das tres xornadas.

 

VENRES 20.

Na xornada do venres, as instalacións da Confraría de Pescadores de Porto do Son recibiron tres interesantes relatorios. O atractivo da proposta tivo o seu reflexo nunha animadísima quenda de preguntas que mesmo obrigou a atrasar a hora da degustación de produtos Km. 0 de #MarGalaica. O primeiro relatorio estivo en mans de Silvia López Wehrli, arquiveira, exdirectora técnica do Arquivo Xeral de Mariña, “Álvaro de Bazán”. Moi afastado do mar, o Palacio do Marqués de Santa Cruz, en Viso del Marqués (Ciudad Real), custodia a documentación da Armada Española, que no referente a materia pesqueira, podería ser moito maior se non fose por algúns incumprimentos e algúns accidentes, todos eles moi afastados no tempo.

A segunda quenda foi para un xeógrafo. Daniel Moreno Muñoz, Doutor en Xeografía pola Universidade de Murcia, centrou a súa exposición no valor do Patrimonio cultural Pesqueiro. Descendente dunha familia de pescadores, o seu labor profesional está centrado en traballar pola preservación dunha paisaxe e dunha forma de entender a vida que se está debilitando ante a presión exterior, e que por iso precisa de actuacións como estas xornadas, que sexan capaces de recuperar receitas, técnicas pesqueiras ou valores inmateriais de xeracións pasadas.

Tras unha breve pausa para un café, Xerardo Triñanes foi o encargado de pechar este primeiro bloque de relatorios. O destacado membro de AGALCARI falounos con preocupación da situación actual das carpinterías de ribeira. Construír embarcacións tradicionais de madeira é un labor tan gratificante como complicada. Para Xerardo, declarar BIC (ben de interese cultural) as técnicas da carpintería de ribeira pode ser un simple parche se non se logra concienciar da importancia patrimonial e tamén ecolóxica que encerra a actuación destes colectivos. www.algacari.es

Animadísima quenda de preguntas.

Mentres tiñan lugar os relatorios, o peirao veciño desbordaba bulicio, pois alí estaba amarrado o centenario Joaquín Vieta, anfitrión dos escolares de Porto do Son, quen puido gozar na súa cuberta dunha clase moi especial, xa que a tripulación do balandro explicoulles desde técnicas de navegación a recoñecemento de especies mariñas. www.joaquinvieta.com

Nunca unha aula foi tan adecuada para o seu labor.

 

A nave de redeiras foi o improvisado restaurante onde puidemos degustar produtos co sinal de calidade que representa o Km. 0 de #MarGalaica, eses menos de 100 quilómetros que certifican que consumimos produtos de proximidade, con todos os efectos beneficiosos que iso representa, tanto para a nosa comunidade pesqueira, como para o global da poboación pola redución da pegada de carbono.

Nesta primeira xornada foi Casa do Tella e Rosalía, quen se achegou desde Portosín para deleitarnos con marinados e afumados, unhas preparacións que permiten gozar dos sabores máis intensos da nosa pesca.

A xornada de tarde incluía un desprazamento ata outra localidade da #RíadeMurosNoia. Os asistentes achegáronse ata o Centro de actividades Náuticas, Francisco Rama Vázquez “Fufú”, de O Freixo (Outes). Alí recibiunos o técnico de turismo Ignacio Fernández, quen presentou o novo produto “Vivir o marisqueo”, que pretende mostrar esta actividade e proporcionar uns menús que complementen a experiencia.

Na zona expositiva foron Félix González Túñez, impulsor do Museo do Mar de Noia, e Xerardo Triñanes quen, aproveitando a presenza dunha fermosa maqueta dun sancosmeiro, contáronnos algunhas peculiaridades desta embarcación que, capacitada para navegar con pouca auga e moito peso, tivo unha importancia decisiva para mellorar a vida da poboación da nosa ría. Referencias ao patrimonio inmaterial, salpicadas con historias persoais como a de Asunción (unha pioneira no manexo do sancosmeiro), axudáronnos a interiorizar o respecto polo patrimonio cultural pesqueiro.

Na planta superior agardábanos o historiador e escritor, Santiago Llovo, quen nos fixo unha breve aproximación ao “roteiro dos carpinteiros cos pes mollados”, un paseo que lembra o medio centenar de carpinterías de ribeira (e outra boa cantidade de serradoiros) que convertían a esta zona na “universidade da carpintería”. Galeóns, balandros, dornas ou sancosmeiros saíron destes primitivos estaleiros apoiados na calidade da madeira dos bosques próximos.

www.outesturismo.gal/es/carpinteria-de-ribeira

 

Nada mellor que unha aproximación ao terreo, por iso tras a breve presentación, Santiago encabezou unha camiñada que levou aos asistentes pola ribeira do Freixo ata a praia de Broña, descubrindo no paseo os vestixios desa etapa de esplendor na que, como rezaba o título, os mellores carpinteiros traballaban cos pés dentro da auga.

 

Regresamos a Porto do Son xusto a tempo para recibir á comitiva das embarcacións tradicionais, que pasaron desde ese momento para acompañar ao Joaquín Vieta no noso peirao.

Continuando coas propostas, a seguinte actividade levounos a achegarnos ao Museo Marea (centro de porto do Son), o museo da memoria mariñeira, onde tivo lugar a presentación da exposición “Donos de seu. A xente de mar de Porto do Son (1580-1830)”. José Manuel Vázquez Lijó foi o encargado de mostrarnos os diversos elementos que estarán expostos ata o 30 de xuño do próximo ano. Pezas cedidas polo Museo Naval de Ferrol ou por autoridades relixiosas mostráronnos a gran importancia do sector pesqueiro neses séculos, a súa influencia sobre a sociedade ou a economía e tamén a estreita relación coas tradicións relixiosas. www.mareamuseo.com

Volvemos ao peirao e despedimos a primeira xornada coas velas despregadas das embarcacións tradicionais. Necesitaremos o seu impulso para continuar ao mesmo ritmo durante a xornada do sábado.

 

SÁBADO 21.

Do mesmo xeito que na xornada anterior, o local da Confraría de Pescadores de Porto do Son acolleu tres novas relatorios. En primeiro lugar tomou a palabra Inés Amorín, unha historiadora da Universidade do Porto, responsable do CITCEM (Centro de Investigación Transdisciplinar “Cultura, Espazo, Memoria”). Inés debuxounos a paisaxe das salinas do seu país, un patrimonio que viu como progresivamente se vai reducindo a súa importancia económica, pero sen que iso represente un menoscabo do seu valor como espazo natural. A peculiaridade da paisaxe das salinas, cos seus diferentes técnicas, merece o máximo recoñecemento pola súa identidade propia.

A continuación foi o propio José Manuel Vázquez Lijó, historiador e director do Museo Marea, quen tomou a palabra para desenvolver un tema que xa deixara entrever a tarde anterior na presentación da exposición: a relixiosidade mariñeira na Galicia dos séculos XVIII e XIX no espello da onomástica naval. Os nomes das embarcacións, os exvotos que poboan as nosas igrexas ou o financiamento das mesmas son claros exemplos desa relación tan estreita.

O último relator das nosas xornadas chegou desde Holanda. Thedo Fruitho, exsecretario do European Maritime Heritage, debullou un rosario de interesantes e exitosas experiencias prácticas que se desenvolveron nos Paises Baixos e Dinamarca. A substitución da auga salgada por auga doce representou unha variación substanciosa que levou por diante un gran número de actividades e de postos de traballo tradicionais. Foi preciso traballar en profundidade para lograr preservar embarcacións, instalacións e patrimonio inmaterial. Hoxe en día cidades museo como Workum ou Elburg son proba do gran traballo realizado, recibindo centenares de miles de visitantes atraídos polo estilo de vida dun tempo diferente.

Chega unha nova degustación do produto Km. 0 de #MarGalaica. Neste caso temos dúas espadas: Noelia Rodríguez García de Casa Peto (Outes) e José Senande de A Muradana (Muros) son os novos encargados de mostrarnos a calidade e bo trato cos que os cociñeiros da #RíadeMurosNoia enfróntanse cada día a un produto de calidade extra. www.hotelmuradana.es  www.casapetooutes.com

Mentres tanto, as embarcacións tradicionais continuaban sendo as protagonistas do peirao de Porto do Son, recibindo durante todo o día a innumerables visitantes e curiosos.

Ás 19 da tarde volvemos atopar con Santiago Llovo. Neste caso é el quen se achega á Confraría de Pescadores para presentar o seu libro “Contra o mar e o vento”, un novo libro de crónicas marítimas no que analiza como era a vida a bordo de mercantes e barcos de cabotaje fai dous séculos.

A continuación foron dous membros da activa asociación “Terra de Outes“, Xesús Mato e Xan Mariño, quen mostraron o seu comprometido traballo en defensa do patrimonio marítimo. www.terradeoutes.com

 

DOMINGO 22.

A última xornada queda en mans das embarcacións tradicionles, xa que ademais de gozar coa súa estampa e a súa navegación, son as protagonistas da última presentación.

 

A Confraría de Pescadores despide as xornadas con José Luís Sacau Fontenla, do colectivo Mar de Muros, quen realizourealizando unha memoria do pasado XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, que tivo lugar a mediados de xullo na Guarda.

Coa actuación do Coro de Habaneras do Joaquín Vieta chegamos ao final destas Xornadas, que se nos atemos á resposta e interese do público, non sería estraño que puidesen contar con algunha forma de continuidade. www.joaquinvieta.com

Agradecementos ao Concello de Porto do Son e á dirección do simposio: Iria Caamaño Franco e María José Andrade Suárez.

www.portodoson.gal

www.outesturismo.gal/es/carpinteria-de-ribeira

www.casapetooutes.com

www.hotelmuradana.es

www.terradeoutes.com

www.joaquinvieta.com

  • 23 Setembro 2019
  • costa_sostible
  • Xeral (GAL)
  •  Like
  • #axudas #GALP #ConselleriadoMar #Galicia #pesca , embarcaciones tradicionales , Galicia , Lousame , mariño , marítimo , Muros , Noia , Outes , patrimonio , pesca , Porto do Son , Ría de Muros-Noia
Share This
Related Posts
  • Nova fase do noso proceso de formación para promotores
  • Que proxectos pódense presentar a esta convocatoria?
  • Valorización do berberecho: I+D+i no sector pesqueiro
  • Notable aproveitamento do noso curso de formación para promotores
Lista definitiva de selección do curso de CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS. →← Curso de Confección e Mantemento de Artes e Aparellos
    • gl  Galego
  • Mapa del Sitio

    • Presentación
    • Axudas
    • Formación
    • Cooperación
    • Turismo
    • Proxectos
    • Noticias
      • Zona de Descargas
    • Contacto
    • glGalego
  • Contacto

    Dirección:
    Edif. Multiusos - Rúa Espírito Santo, 4 15200 Noia
    Avda. da Viña, 16. 15130 Corcubión.

    Teléfonos:
    981 822 754
    638 033 467
    981 706 232

    E-mail:
    xerencia@costasostible.com

    Redes Sociales
    FACEBOOK
    TWITTER
    INSTAGRAM

    Aviso Legal
    Política de Cookies
    Política de privacidad

  • GALP 4

    O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra - Ría de Muros Noia, Costa Sostible, ou máis sinxelamente GALP Costa Sostible, é o responsable no seu territorio da xestión das axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.

2018 © Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro | Política de Privacidad
Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia: Costa Sostible

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

Costa Sostible
POLÍTICA DE PRIVACIDAD

La visita a los portales institucionales del la Asociación Grupo de Acción Costeira SEO de Fisterra e Ría-Noia (en adelante, GALP) se efectúa en forma anónima.

Solamente para poder acceder al formulario de contacto los usuarios y las usuarias habrán de suministrar los datos personales imprescindibles para la prestación del servicio solicitado.

Estos datos se incorporarán a las correspondientes actividades de tratamiento de Asociación Grupo de Acción Costeira SEO de Fisterra e Ría-Noia y serán tratados con la finalidad específica de cada tratamiento de conformidad con la regulación establecida por el Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo sobre protección de datos de carácter personal y demás disposiciones de aplicación. 

En Asociación Grupo de Acción Costeira SEO de Fisterra e Ría-Noia nos preocupamos por la privacidad y la transparencia.

Información completa sobre Protección de Datos

 

  • ¿Quién es el responsable del tratamiento de sus datos?

 

Asociación Grupo de Acción Costeira SEO de Fisterra e Ría-Noia.

G70196225.

Edif. Multiusos - Rúa Espírito Santo, nº4 - 15200 - Noia - LA CORUÑA.

 

  • Datos de contacto del Delegado de Protección de Datos (DPD):

 

 Nós Solucións

 c/ carcasía nº38, 15200-Noia, A Coruña

 ramon@nossolucions.es

 

  • ¿Con qué finalidad tratamos sus datos personales?

 

En Asociación Grupo de Acción Costeira SEO de Fisterra e Ría-Noia tratamos la información que nos facilitan las personas interesadas con el fin de atender su solicitud y enviarle comunicaciones, inclusive por vía electrónica. En el caso de que no facilite sus datos personales, no podremos cumplir con las funcionalidades descritas anteriormente.

No se van a tomar decisiones automatizadas en base a los datos proporcionados.

 

  • ¿Por cuánto tiempo conservaremos sus datos?

 

Los datos se conservarán mientras el interesado no solicite su supresión.

 

  • ¿Cuál es la legitimación para el tratamiento de sus datos?

 

Le indicamos la base legal para el tratamiento de sus datos:

Ejecución de un contrato: Atender su solicitud.

Consentimiento del interesado: Enviarle comunicaciones, inclusive por vía electrónica.

 

  • ¿A qué destinatarios se comunicarán sus datos?

 

No se cederán datos a terceros, salvo obligación legal.

 

  • Transferencias de datos a terceros países

 

No están previstas transferencias de datos a terceros países.

 

  • ¿Cuáles son sus derechos cuando nos facilita sus datos?

 

Cualquier persona tiene derecho a obtener confirmación sobre si en Asociación Grupo de Acción Costeira SEO de Fisterra e Ría-Noia estamos tratando, o no, datos personales que les conciernan.

Las personas interesadas tienen derecho a acceder a sus datos personales, así como a solicitar la rectificación de los datos inexactos o, en su caso, solicitar su supresión cuando, entre otros motivos, los datos ya no sean necesarios para los fines que fueron recogidos. Igualmente tiene derecho a la portabilidad de sus datos.

En determinadas circunstancias, los interesados podrán solicitar la limitación del tratamiento de sus datos, en cuyo caso únicamente los conservaremos para el ejercicio o la defensa de reclamaciones.

En determinadas circunstancias y por motivos relacionados con su situación particular, los interesados podrán oponerse al tratamiento de sus datos. En este caso, Asociación Grupo de Acción Costeira SEO de Fisterra e Ría-Noia dejará de tratar los datos, salvo por motivos legítimos imperiosos, o el ejercicio o la defensa de posibles reclamaciones.

Podrá ejercitar materialmente sus derechos de la siguiente forma: xerencia@costasostible.com

Cuando se realice el envío de comunicaciones comerciales utilizando como base jurídica el interés legítimo del responsable, el interesado podrá oponerse al tratamiento de sus datos con ese fin.

El consentimiento otorgado es para todas las finalidades indicadas cuya base legal es el consentimiento del interesado. Tiene derecho a retirar dicho consentimiento en cualquier momento, sin que ello afecte a la licitud del tratamiento basado en el consentimiento previo a su retirada.

En caso de que sienta vulnerados sus derechos en lo concerniente a la protección de sus datos personales, especialmente cuando no haya obtenido satisfacción en el ejercicio de sus derechos, puede presentar una reclamación ante la Autoridad de Control en materia de Protección de Datos competente a través de su sitio web: www.aepd.es.

 

  • ¿Cómo hemos obtenido sus datos?

 

Los datos personales que tratamos en Asociación Grupo de Acción Costeira SEO de Fisterra e Ría-Noia proceden de: El propio interesado.

Las categorías de datos que se tratan son:

Datos identificativos.

Direcciones postales y electrónicas.

Información comercial.

Cookies Estrictamente Necesarias

Las cookies estrictamente necesarias deben estar habilitadas en todo momento para que podamos guardar sus preferencias de configuración de cookies.

Si desactiva esta cookie, no podremos guardar sus preferencias. Esto significa que cada vez que visite este sitio web deberá habilitar o deshabilitar las cookies nuevamente.

Política de Cookies

El GALP informa acerca del uso de las cookies en sus páginas web.

Las cookies son archivos que se pueden descargar en su equipo a través de las páginas web. Son herramientas que tienen un papel esencial para la prestación de numerosos servicios de la sociedad de la información. Entre otros, permiten a una página web almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo y, dependiendo de la información obtenida, se pueden utilizar para reconocer al usuario y mejorar el servicio ofrecido.

Según quien sea la entidad que gestione el dominio desde donde se envían las cookies y trate los datos que se obtengan se pueden distinguir dos tipos: cookies propias y cookies de terceros.

Existe también una segunda clasificación según el plazo de tiempo que permanecen almacenadas en el navegador del cliente, pudiendo tratarse de cookies de sesión o cookies persistentes.

Por último, existe otra clasificación con cinco tipos de cookies según la finalidad para la que se traten los datos obtenidos: cookies técnicas, cookies de personalización, cookies de análisis, cookies publicitarias y cookies de publicidad comportamental.

Para más información a este respecto puede consultar la Guía sobre el uso de las cookies de la Agencia Española de Protección de Datos

 

 

  • Cookies utilizadas en la Web del GALP

 

A continuación se identifican las cookies que están siendo utilizadas en este portal así como su tipología y función.

La página web del GALP utiliza Google Analytics, un servicio de analítica web desarrollada por Google, que permite la medición y análisis de la navegación en las páginas web. En su navegador podrá observar varias cookies de este servicio que, según la tipología anterior, se tratan de cookies propias, de sesión y de análisis. Puede encontrar más información al respecto e inhabilitar el uso de estas cookies en esta página.

A través de la analítica web se obtiene información relativa al número de usuarios que acceden a la web, el número de páginas vistas, la frecuencia y repetición de las visitas, su duración, el navegador utilizado, el operador que presta el servicio, el idioma, el terminal que utiliza, o la ciudad a la que está asignada su dirección IP, información que posibilita un mejor y más apropiado servicio por parte de este portal web.

 

NOMBRE COOKIE DURACIÓN DESCRIPCIÓN
PHPSESSID Cierre navegador Cookie propia y de sesión, caduca al cerrarse el navegador y se emplea para gestionar las sesiones de los usuarios que acceden a la web.
_icl_current_language 24horas Cookie propia, se usa para recordar el idioma que ha seleccionado el usuario y mostrarle los contenidos en ese mismo idioma a lo largo de su navegación.
_ga 2 años Cookie de terceros, se usa para distinguir a los usuarios.
_gid 24horas Cookie de terceros, se usa para distinguir a los usuarios.

 

 

  • Aceptación de la Política de cookies

 

El GALP asume que usted acepta el uso de cookies al continuar navegando o cerrar expresamente el aviso de cookies. Esta información sobre la Política de cookies está accesible tanto desde el aviso de la parte inferior que se muestra para usuarios que todavía no la han aceptado, como en la parte inferior del pie de cualquier página del portal en el enlace de Aviso Legal.

Ante esta información es posible llevar a cabo las siguientes acciones:

  • Aceptar cookies o continuar navegando. No se volverá a visualizar este aviso al acceder a cualquier página del portal durante la presente sesión y cualquier sesión con el mismo navegador realizada durante un año. 
  • Cerrar. Se oculta el aviso de la página actual. 
  • Más información. Podrá obtener más información sobre qué son las cookies, conocer la política de cookies del Cookies y modificar la configuración de su navegador. 

Cómo modificar la configuración de las cookies

Usted puede restringir, bloquear o borrar las cookies del Ayuntamiento o cualquier otra página web, utilizando su navegador. En cada navegador la operativa es diferente, en los siguientes enlaces puede obtener instrucciones de cómo hacerlo.

  • Internet Explorer 
  • FireFox
  • Chrome
  • Safari