
Neste mes de outubro, unha embaixada formada por membros da directiva do GALP Costa Sostible desprazouse ata o concello costeiro de Palamós, na Costa Brava, co obxectivo de realizar un estudo in situ sobre a realidade de sector pesqueiro nesa localidade e as súas iniciativas para afrontar os novos tempos.
Palamós é un municipio duns 18.000 habitantes, que tradicionalmente veu realizando unha gran actividade pesqueira. A pesca é un dos seus grandes motores económicos e tamén un oficio transmitido de xeración en xeración desde tempos medievais, tal como recolle a súa carta poboa do S.XIII.

No ano 2002 inaugurouse o Museo da Pesca, situado no mesmo porto de Palamós. definido como un lugar de diálogo ao redor da pesca. Ademais do atractivo da súa dotación museística, o conxunto complétase cunha serie de actividades e propostas, que lle confirma como unha oferta de gran interese. Paseos de pesca-turismo, o Centro de Documentación da Pesca e o Mar (Documare), a Cátedra de Estudos Marítimos e a lonxa son unha boa mostra, pero por encima de todo sitúase o “Espai del peix” (Espazo do Peixe), un innovador escenario que inclúe visitas á lonxa, coñecemento sobre as diversas especies, demostracións de cociñeiros e degustacións de produtos.

O “Espai del peix” converteuse nun exemplo a nivel nacional, non soamente polo atractivo e variedade da proposta, senón tamén porque constitúe un modelo perfecto para mostrar ata onde se pode chegar cando pescadores, comercializadores, responsables da administración, historiadores e cociñeiros traballan xuntos en pos dun obxectivo común.


A embaixada do GALP Costa Sostible, formada por membros das confrarías de Porto do Son, Portosín, O Pindo, Muros, Corcubión, Lira, da Asociación de Mulleres Costa Sostible e do Concello de Muros, participou en todas as propostas: visitou o Museo da Pesca, asistiu a unha poxa, visitou o porto, coñeceu o funcionamento dunha embarcación de pesca-turismo e participou nun showcooking do Espai del peix; aproveitando tamén para coñecer o plan de xestión da gamba, quizais o produto estrela de Palamós: unha gamba vermella pescada mediante a técnica de arrastre fronte ao litoral da Costa Brava.

A segunda xornada estivo dedicada a Barcelona capital, cunha visita ao mercado da Boquería, o céntrico mercado barcelonés, que se converteu nun dos maiores atractivos turísticos da capital. Dedicado orixinariamente á venda de diversos produtos nos seus máis de 300 postos, o abrirse á degustación de menús elaborados coas materias primas máis frescas, converteulle nun dos puntos imprescindibles para calquera visitante. Un exemplo que podería ser replicado na súa escala correspondente por algún dos mercados do noso territorio.

A última xornada levou aos representantes do noso GALP á localidade de Roses (Girona), o porto pesqueiro máis importante do norte de Cataluña. A visita comezou nas piscifactorías da Confraría de Pescadores de Roses, un entidade que comprendeu meridianamente a importancia das actividades promocionais e de divulgación, ofrecendo unha serie de talleres gastronómicos e de visitas guiadas que denominan “da rede ao prato” e que mostra unha visión de todo o percorrido da pesca.
Tamén se visitou a súa planta de envasado para finalizar cun taller gastronómico.

En definitiva, unhas xornadas moi intensas, que serven para mostrarnos que, aínda que podamos pensar que todo está inventado, sempre resulta interesante coñecer de primeira man outras fórmulas que poden ser replicadas ou adaptadas á realidade e peculiaridades doutros territorios.

Esta acción realizase o obxectivo de intercambiar experiencias con outros territorios e foi financiada polo FEMPA nun 70% (8.863,48€) en un 30% pola Consellería do Mar (3.798,63€).
![]()
