O GALP Costa Sostible www.costasostible.com crea o programa ‘ Cociñas á vista’ para ensinar aos clientes dos establecementos do Km. 0 o protocolo deseñado para garantir a seguridade da consumidora fronte ao Covid19.
Cociñas á vista: seguridade para unha relación estreita entre o mar e as nosas mesas.
‘O Semáforo de Fisterra’ acolleu a presentación do proxecto ‘ Cociñas á vista’ promovido polo GALP Costa Sostible, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Unión Europea. Trátase dun programa deseñado para garantir a confianza do consumidor nos establecementos que contan co distintivo ‘Km 0 MarGalaica’. Este distintivo é un selo de calidade, que obtiveron un total de 17 establecementos (9 deles situados na Costa da Morte e outros 8 na ría de Muros-Noia):
17 restaurantes Km.0 MarGalaica secundan esta iniciativa.
Anduriña
+34 881 063 319
Paseo Ribeira, 31 – 15155 – Fisterra (A Coruña)
La Bayonnaise 1803
+34 981 74 05 78
Praza da Cerca, nº1 – 15155 Fisterra (A Coruña)
O Semáforo de Fisterra
+34 981 11 02 10
info@hotelsemaforodefisterra.com
Carretera del Faro, s/n – 15155 – Fisterra (A Coruña)
Playa de Sardiñeiro
+34 981 743 741
info@hostalplayadesardineiro.com
Av. Coruña, 68 Sardiñeiro – 15155 – Finisterre (A Coruña)
Peixería Mar Viva
+34 981 706 453
Plaza de Castelao, 16 – 15135 – Corcubión (A Coruña)
A Morada da Moa
+34 981 760 085
AC550 Número, 311 – 15296 – O Pindo, Carnota (A Coruña)
Casa Dosil – A Xouba
+34 981 761 145
Rúa Lira, 92 – 15292 – Carnota (A Coruña)
O Neixón
+34 981 826 500
Lugar de Piñeiro, s/n – 15923 San Mamede – Carnota (A Coruña)
A Morosa
+34 981 85 74 63
Mallou, 182 – 15293 – Carnota (A Coruña)
A Muradana
+34 981 82 68 85
Avenida Castelao, 101 – 15250 – Muros (A Coruña)
Asador Vila de Muros
+34 981 76 23 89
Rúa Ancha, 9 bajo – 15250 – Muros (A Coruña)
Don Bodegón
+34 981 827 802
Rúa Porta da Vila, 20 – 15250 – Muros (A Coruña)
Casa Peto
+34 981 76 50 24
casapetooutes@casapetooutes.com
Cruceiro de Roo, 24 – Outes (A Coruña)
Pepe do Coxo
+34 981 76 51 89
Paseo da Ribeira, 70 – 15288 – O Freixo, Outes (A Coruña)
Ríos (O Freixo, Outes)
+34 981 76 51 20
Paseo Ribeira, 56 Freixo – 15288 – Outes, (A Coruna)
Casa Boto
+34 625 96 62 40
Estrada de Ousoño, 58 – 15213 – Noia (A Coruña)
Casa do Tella e Rosalía
+34 981 76 65 29
Praza do Curro, 6 – 15999 – Portosín, Porto do Son (A Coruña)
En todos estes locais, o cliente poderase atopar con cartas dixitalizadas (con código QR), e un vídeo promocional onde se mostra todo o percorrido do produto que poderá degustar (desde a súa captura no mar, a súa venda na lonxa, o proceso de cociñado e a presentación final para o seu consumo). Para levar a cabo este vídeo, colaboraron tamén as seguintes lonxas: Corcubión, Fisterra, Lira (Carnota), Muros, O Freixo (Outes), e Porto do Son.
Adaptación ao desafío do COVID 19.
O programa ‘ Cociñas á vista’ nace da necesidade de poñer en marcha unhas medidas de actuación fronte ao desafío do Covid19. Ademais do citado anteriormente, tamén inclúe un protocolo de boas prácticas nos establecementos que contan co selo Km 0 MarGalaica. “Neste territorio temos un recurso pesqueiro de calidade, que necesita ser servido nun sitio coa mesma calidade” declarou a xerente do GALP Costa Sostible, Manuela Oviedo. “Con este selo garantimos que o produto ten unha identidade propia e rica” engadiu.
Presentouse un vídeo resumen que recolle o sentido de Cociñas á vista.
Estas medidas inclúen cartelería, máscaras e auditorías de calidade nos locais seleccionados, co obxectivo final de garantir a seguridade do cliente e ensinarlles o grao de cumprimento en todo o proceso, desde que se extrae o produto ata que chega á mesa: mar, lonxas, depuradoras, transporte, cociñas, cliente. Todo iso para obter a súa confianza e garantir a súa seguridade.
Jesús Picallo, de O Semáforo de Fisterra, e Celso Martínez, de pQliar Consulting, explicaron os pormenores desta iniciativa.
Os restaurantes participantes estiveron representados por Toño González, propietario da Morada dá Moa, quen valorou moi positivamente a implantación destas medidas que, nas súas palabras, achegan seguridade e confianza desde o mar á mesa.
Toño González, da Morada da Moa (O Pindo) atendendo aos medios.
Tal e como engadiu a xerente do GALP Costa Sostible, Manuela Oviedo, “estas medidas chegaron co Covid pero viñeron para quedar porque queremos ser máis conscientes e ofrecer a máxima calidade en todo”.
Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible destaca a expecial relación entre pesca e restauración no noso territorio.