
E con motivo! Muros é sen dúbida un dos pobos máis bonitos de Galicia e seguramente o mellor exemplo de vila pesqueira. Por iso o Asador Vila de Muros dedica un apartado da súa web a un blogue que nos propón qué visitar en Muros https://vilademuros.es/blog/.
A beleza de Muros é, sen dúbida, o que atraeu ao visitante, pero imos ver que é o que o asador lles ofrece.
A súa denominación como asador xa nos fai presupoñer que nos atoparemos cun establecemento que outorgou máis valor á calidade das materias primas que ás elaboracións complexas. E así é.
No seu menú atopamos en primeiro lugar a serie de produtos de proximidade que o mar nos ofrece nestas latitudes: os excelsos berberechos, as deliciosas navallas, mexillóns ou exquisitas ameixas.
Unha forma perfecta de iniciar calquera comida, para logo seguir cos peixes que cada día adquiren na lonxa de Muros, o que supón un extra de frescor, calidade e sobre todo desa temporalidade que nos vai a poñer na mesa o mellor no seu mellor momento.
Non é o que nos ocupa, pero como bo asador, tamén as carnes acadan un nivel sobresaliente.
Unha das peculiaridades deste asador consiste na utilización dun forno Josper, un xenial invento de mediados do pasado século que é capaz de combinar nun só aparello as calidades dun forno e unha grella. Unha fórmula excelente para conseguir que estes mariscos e pescados #km0 reteñan todo o seu sabor e á vez reciban a achega do aroma das brasas.
Os San Martiños ou as Robalizas dan o mellor de si con este tratamento que nos permite gozar da esencia dos mellores produtos do mar.
Unha carta de viños na que seguro atopas “ese” no que estabas a pensar (comprobámolo), redondeará a experiencia gastronómica.
A suxestiva oferta do Asador Vila de Muros ofrécenos unha planta inferior para tapear cos amigos, mentres que na planta superior convértese en salón preparado para comer de forma máis repousada. En calquera dos dous formatos, convertirase nun aliciente máis para que novamente desexes regresar a Muros.
La sugerente oferta del Asador Vila de Muros nos ofrece una planta inferior para tapear con los amigos, mientras que en la planta superior se convierte en salón preparado para comer de forma más reposada. En cualquiera de los dos formatos, se convertirá en un aliciente más para que nuevamente desees regresar a Muros.