O vindeiro venres, 10 de febreiro, terá lugar unha nova reunión da Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro -SEO Fisterra e Ría de Muros-Noia-.
O obxectivo desta asociación é dar visibilidade a este colectivo, reforzando desta forma o papel da muller no noso territorio. Para iso é importante contar coa presenza e a colaboración de mulleres de todos os concellos do territorio GALP Costa Sostible e que representen o maior número posible de ámbitos de actividade do sector pesqueiro: redeiras, bateeiras, mariscadoras…
As profesionais en activo desta zona que queiran unirse á asociación, só teñen que solicitalo, o único requisito que deben cumprir é o de atoparse en activo.
A reunión terá lugar, a partir das 18 horas, nas oficinas do GALP Costa Sostible, situadas na rúa Espírito Santo, 4. Noia.
www.costasostible.com
www.facebook.com/galpcostasostible