Comezamos o percorrido polos restaurantes acollidos ao distintivo Km.0 de MarGalaica, en “A Morada da Moa”, xusto á beria do impresionante Monte Pindo, o Olimpo galego.
O propio nome do restaurante está tomado do punto máis elevado do mítico monte. A Morada da Moa tamén é un acolledor hotel, a súas habitacións está decoradas con fotografías de grandes dimensións que recollen as incríbles formacións pétreas do Monte Pindo e as súas fermosas vistas. Debemos destacar que ademáis os seus responsables se encargan de aconsellar nos percorridos aos excursionistas que desexen iniciar o ascenso a ese lugar tan destacado da mitoloxía celta.
Pero hoxe ocúpanos o tema da restauración e especialmente a súa identificación como restaurante Km.0. Este distintivo de calidade, promovido por MarGalaica (o produto turísitico dos GALP galegos), fai referencia a un dato moi concreto: os establecementos que o lucen se comprometen a realizar unha aposta decidida polos produtos de cercanía. 100 kilómetros é a distancia máxima que percorrerán os produtos de pesca costeira artesanal e o marisqueo dende a lonxa ata o restaurante: a máxima distancia dende o mar ata o teu prato.
O uso de técnicas artesanais, a diminución da pegada de carbono e a protección da biodiversidade son garantías do produto. E isto representa ademáis unha certeza absoluta de calidade e frescura, o que fai que comer nun destes establecementos se convirta nunha experiencia gastronómica. Se a calidade dos produtos galegos do mar se une coa cercanía e a frescura, o resultado só podía ser sobresaínte.
E a un nivel de matrícula de honra o elevan na Morada da Moa, cunha particularidade moi persoal: ofrécennos unha cociña galega que destaca pola súa innovación e polo seu constante dinamismo na carta. Moi a diferencia da cociña galega tradicional, que se basa en influir o menos posible sobre o produto, apostando soamemnte porque luzca a calidade natural do mesmo, en A Morada da Moa, souberon arriscar en triunfar.
O produtos, como bó restaurante Km.0 son de cercanía e de tempada, as referencias do mar son claras, pero tamén as carnes galegas adquiriron un importante protagonismo. Desta convivencia acabaron surxindo o seus pratos mái aplaudidos.
A innovación e o dinamismo da que falábamos antes levounos a buscar novos camiños…e os resultados só se poden calificar de excelentes.
Prepárate para unha sorpresa do máis agradable. O polbo das nosas lonxas emparellouse con outro produto acostumado ao bó pimentón: a orella. O resultado é un “polbo á feira con orella” que está merencendo as constantes alabanzas dos comensais.
Outro exemplo similar o atopamos coas súas luras sobre uhna cama de panceta. As propiedades da lura tamén reciben de moi bó grado esa aportación máis graxa. O cálculo acertado das proporción é o que nos leva ao deleite.
Un terceiro e último exemplo desta evolución: longueiróns de Fisterra con xamón ibérico. Dúas das mellores materias primas da península convírtense nun matrimonio moi ben avenido para o disfrute dos clientes: en ocasións, ser moi distintos é a clave para levarse ben.
En definitiva: A Morada da Moa é un lugar diferente. Atoparás produtos tratados dunha forma moi especial e todo elo á sombra do máis misterioso e estimulante dos montes de Galicia. Alguén pode resistirse a esta suxerencia?