
www.relevo2020.org é un programa gratuito dirixido a mozos/as de 16 a 30 anos. Seminarios, saídas de campo, encontros, visitas e unhas auditorías individualizadas serán a clave para encamiñar á mocidade cara ao seu destino laboral no sector pesqueiro.
Trátase dunha iniciativa de carácter formativo promovida polos GALP A Mariña – Ortegal, GALP Golgo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Ría de Arousa e noso GALP Costa Sostible. Un proxecto que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro mediante a capacitación de mozos e mozas, a través da formación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios.
OS SEUS OBXECTIVOS
– Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozas e mozos do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.
– Sensibilizar aos xóvenes na importancia que o sector pesqueiro ten no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.
– Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empleabilidade e/ou da inclusión social.
– Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e de loitar en contra do cambio climatico.
A QUEN VAI DIRIXIDO
Mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.
Non é preciso ter experiencia previa no sector pesqueiro nin estar en posesión de ningunha titulación relacionada con el.
O PROGRAMA FORMATIVO
– Levarase a cabo entre setembro de 2020 e abril de 2021, ambos meses incluídos. E desenvolveranse dúas edicións do mesmo: a primeira entre setembro e decembro de 2020 (CUATRIMESTRE 1) e a segunda, entre xaneiro e abril de 2021(CUATRIMESTRE 2). Son independentes entre sí, podes anotarte na que prefiras.
– Cada cuatrimestre contará coas actuacións que podes ler máis abaixo e realizarase en cada un dos territorios dos GALP participantes.
– Haberá 15 prazas en cada cuatrimestre (30 prazas en total para cada GALP).
– A aceptación do alumnado realizarse segundo estes dous criterios:
- por rigorosa orden de inscrición e
- seguindo unha distribución homogénea dentro de cada territorio (é decir, tratando de que as prazas estean compensadas e repartidas de igual maneira entre os diferentes concellos que forman parte do ámbito de influencia de cada GALP).
– O horario (de mañá ou de tarde) será acordado cos inscritos de cada territorio para favorecer a súa participación.
-A ubicación xeográfica (localidade) para a realización das actuacións presenciais dependerá tamén das persoas inscritas, tratando de favorecer o mínimo desprazamento.
OS CONTIDOS
COÑECEMENTO DO SECTOR PESQUEIRO
Os participantes deberán coñecer o escenario no que van profundizar, que sexan conscientes da situación actual e coñezan as ferramentas que poderán empregar para participar del activamente e para intentar melloralo.
DESEÑO DA CARREIRA PROFESIONAL
O equipo docente traballará de xeito individual con cada participante tratando de encaixar cada situación personal nas oportunidades que o sector pesqueiro ofrece.
TECEMENTO DE REDES ASOCIATIVAS E PROFESIONAIS
A cooperación e colaboración serán vías constantes para o mantemento e posta en marcha de proxectos en calquera ámbito.
EMPRENDEMENTO ACTIVO
Facilitaranse as ferramentas e os recursos precisos para que os participantes poidan considerar o emprendemento en relación ao sector pesqueiro como unha posibilidade de futuro laboral.
RECOÑECEMENTO DE EXPERIENCIAS INNOVADORAS
Haberá constantes encontros e xornadas con outros xóvenes que xa deron o paso de emprender ou acadaron un posto de traballo no sector, directa ou indirectamente.
ENCONTROS PROFESIONAIS.
Tamén haberá encontros con profesionais do sector que contarán a súa experiencia dende o seu posto e falarán dos perfís que se necesitan actualmente.
Máis información: info@relevo2020.org o no noso GALP Costa Sostible.