Este pasado venres, 26 de novembro, tivemos a posibilidade de acercar as mulleres do sector pesqueiro do noso territorio a intercambiar experiencias coas mulleres da Costa da Morte, e coñecer de primeira man a sua maneira de facer as cousas.
Partimos de Noia ás 9 da mañá en dirección á nosa primeira parada: Muxía.
Nesa localidade comezaron as interesantes visitas, precisamente nun dos seus puntos máis representativos.
Achegámonos a Elaboracións Lemar, un secadero de congro que continúa coa tradición que forxou unha das estampas máis características de Muxía, pero que neste caso soubo adaptarse aos novos tempos tanto con novos medios (venda en liña), como con novos produtos (congro seco para rehidratar e escamas de congro como complemento de condimentación). www.lemar-elaboraciones.com
Na nosa seguinte escala coñecemos a Belén Marcote, promotora que foi percebeira e é muller de percebeiro, e que puxo en marcha Son de Mar e Peixe, un restaurante especializado nos produtos do mar da Costa da Morte, cunha gastronomía baseada na recuperación de elaboracións ancestrais que corren o risco de perderse. Dispón dun viveiro e de zona taller de peixes e mariscos no que o proceso de preparación é a vista e o cliente interesado tamén é asesorado. Ten zona de exposición de conservas de congro seco e servizo de comida para levar. www.restaurantesondemarmuxia.com
Posteriormente, preto das 13 horas, achegámonos ata O Ariño, onde nos esperaban as mariscadoras de Camariñas, coas que estivemos a departir un bo intre, comparando formas de traballar e descubrindo as peculiaridades de cada territorio. www.turismocamarinas.net/que-hacer/pesca-artesanal-y-marisqueo/
A continuación comemos en Laxe, nun establecemento nado coas axudas de GALP Costa da Morte.
A xornada de tarde continuou co encontro con outras mariscadoras, neste caso as mariscadoras do Río Anllóns. A súa presidenta Julia feixe estivo connosco para falarnos do seu traballoco molusco que nos une: o berberecho. www.youtube.com/watch?app=desktop&v=ZHu0aK39-tE
A última visita do día lévonos a estar coas Redeiras Illa da Estrela, de Corme, recibíndonos tamén a súa presidenta Rosa Rodríguez. www.redeirasdegalicia.org/es/asociaciones/illa-da-estrela
Ás 19:30 regresamos en autobús a Noia coa idea de realizar unha xornada moi produtiva.
Queremos dar mostras do noso agradecemento ao equipo técnico do GALP Costa da Morte polo seu esforzo e dedicación, e especialmente a Patricia por acompañarnos ao longo de todo o día.
Moitas grazas!