
A Confraría de Pescadores de O Pindo acolleu, do 18 ao 22 de maio de 2026, a actividade formativa ‘Recolección e coñecemento de algas da área intermareal’, impulsada polo Galp Costa Sostible, cun programa orientado ao coñecemento das macroalgas marinas, os seus usos e a súa extraccion de maneira responsable e sostible.
A formación desenvolverse en modalidade presencial e combinou contidos teóricos e prácticos, cun total de 9 horas de formación teórica e 4 horas de clases prácticas. O programa incluíu tamén unha saída ao intermareal rochoso para facilitar a identificación das diferentes especies de algas.
Coñecer as macroalgas e favorecer unha explotación responsable.
Ao longo do curso presentáronse as principais especies de macroalgas de interese comercial en Galicia, con especial atención ás incluídas no plan de xestión conxunto. As persoas participantes pudieron coñecer as súas características, morfoloxía e distribución, así como diferentes aspectos relacionados coa súa extracción e aproveitamento.
A formación incidiu especialmente na importancia de realizar unha explotación responsable dos recursos mariños, contribuíndo así á súa conservación e á sustentabilidade da actividade.
Entre os obxectivos do curso:
- Coñecer as macroalgas marinas, asó como o seu ciclo biolóxico e os factores que influenciam na súa distribución costeira.
- Identificar as principais especies de macroalgas de interese comercial da costa de Galicia, as súas aplicación e os seus usos.
- Coñecer como realizar a extracción de macroalgas de forma sostible.
- Coñecer o circuito de comercialización das algas en Galicia.
- Coñecer as empresas que comercializan algas en Galicia.
- Valorar a importancia dunha explotación responsable para a conservación do recurso.
- Adquirir nocións sobre o cultivo da macroalgas.
Tres módulos formativos
O curso estructurouse en tres módulos, que permitiron abordar diferentes aspectos relacionados co coñecemento e aproveitamento das algas:
- Módulo 1. Identificación de macroalgas
- Módulo 2. Usos das algas
- Módulo 3. Recolleita de algas
O curso permitiu combinar os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas coa experiencia práctica no medio natural, achegando ás persoas participantes ferramentas para identificar as especies de interese e coñecer as claves dunha recolleita sostible das macroalgas no litoral galego.
