COOPERACIÓN
Cooperación
O GALP Costa Sostible está aberto a calquera tipo de traballo colaborativo con outros GALP ou con outras entidades internacionais. A Cooperación é a mellor fórmula para alcanzar os obxetivos globais que temos marcados.
Calquera proposta de colaboración será ben recibida.
Exemplos de Cooperación

RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida polos GALP A Mariña – Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, GALP Costa Sostible e GALP Ría de Arousa. Trátase dun proxecto que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro
mediante a capacitación de mozos e mozas de maís de 16 anos, a través da formación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios.

PASAPORTE REMA é unha iniciativa de cooperación interterritorial e transnacional promovida por todos os GALP galegos e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP). A súa finalidad básica é promover a cultura atlántica galega entre o público máis xove a través actividades turísticas creativas que implementen as TIC como canle para a información, aprendizaxe e formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible nos espazos da Red Rema.

TANZA é un proxecto destinado a buscar sinerxias para dinamizar o sector pesqueiro e o da inclusión no territorio dos GALP participantes. Avógase polo emprego inclusivo, aproveitando as potencialidades do territorio e os seus recursos, defendendo sempre un modelo de economía circular, xerando unha conciencia medioambiental activa con especial interese no aproveitamento dos refugallos.

PROXECTO REALIZADO CO APOIO DA UE.
Programa de Cooperación para a potenciación do turismo mariñeiro común para toda Galicia a través do Club MarGalaica. O obxectivo é integrar toda a oferta da costa galega a través de tres ferramentas principais:
- Creación do itinerario de “touring” da costa de Galicia.
- Integración da oferta de servizos turísticos, con empresas adheridas e comprometidas coas normas de calidade do Club.
- Integración, a través do selo Km. 0 MarGalaica, de restaurantes que ofrecen nas súas cartas produtos do marisqueo e da pesca costeira artesanal.
O programa inclúe diversas accións de creación e promoción do que pretende ser o gran produto de turismo alternativo da costa de Galicia. Continúase así o traballo realizado en anos anteriores cunha nova estratexia de colaboración con outros GALP para conseguir unha oferta homoxénea e competitiva a nivel autonómico.

PROXECTO REALIZADO CO APOIO DA UE.
Un circuíto que, entre Ribadeo e A Guarda, discorre por todos os faros, portos, lonxas, actividades de turismo mariñeiro, hoteis con encanto e, por suposto, os mellores restaurantes para degustar os peixes e mariscos do noso mar. Un proxecto dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia e da súa marca turística MarGalaica.

O proxecto Morada Atlántica ten como finalidade potenciar a cooperación e a transferencia de coñecemento dos territorios costeiros do arco atlántico (España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda), a través da configuración de novos produtos turísticos sustentables que permitan diversificar e desestacionalizar a oferta turística, aproveitando o acervo mariñeiro como elemento de identidade e de autenticidade singular.

Candieira é un proxecto de cooperación e traballo en rede de Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que nace para favorecer o emprendemento das mulleres nas zonas costeiras de Galicia.

Morada Atlántica + Espazo Atlántico trata de constituír unha entidade atlántica que defina as condicións nas que se pode agrupar unha serie de produtos diferenciadores e propios destas rexións (gastronomía e cultura mariñeira) que se asocien cun territorio singular e común e a unha cultura produtora común e unhas condicións climáticas, tamén comúns. O traballo conxunto permite por en valor aspectos tales como a obtención dos productos do mar, aspecto muy similar en todos os territorios do arco atlántico, contribuíndo por tanto a manter un patrimonio cultural e natural que goza das maiores garantías en trazabilidade e de hixiene sanitaria.
Un dos principais retos a alcanzar está en incrementar o número de visitantes a través do desenvolvemento de novos produtos turísticos que teñan como denominador común a gastronomía. Buscarase poñer en valor desde as receitas tradicionais aos produtos locais, produtos de Denominación de Orixe, Cociña Km0, ect, que comprenderá non so o conxunto de alimentos ou pratos típicos dun territorio, senón que abarcará un concepto moito máis amplo no que se incluirán os costumes alimentarios, as tradicións,os procesos, as persoas e os estilos de vida que se definen o redor da mesas.

Mar de Velas é un Proxecto de Cooperación para a elaboración dun plan estratéxico que permita a xestión da oferta variada de embarcacións tradicionais, establecendo un modelo de explotación das mesmas orientado ao mercado turístico, así como un modelo de organización e xestión que permita albergar as mesmas en mariñas tradicionais e dé lugar ao nacemento dunha rede de mariñas de navegación tradicional. A realización deste plan estratéxico permitirá a materialización do mesmo polas distintas asociacións vencelladas ao patrimonio marítimo e fluvial.






