A paixón lévanos a imaxinar, a descubrir. A paixón fainos valentes, impúlsanos hacia diante. Isto sucede no novo restaurante Km.0 MarGalaica do que imos falor hoxe. Ímonos ata un novo destino singular: ata Fisterra. ¿Acompáñasnos?
Imaxinemos que o que che gusta son os fogóns e o submarinismo. Imaxinemos que resides nunha zona onde os produtos do mar son extraordinarios. Imaxinemos finalmente que ante a túa costa naufragaron barcos durante séculos, formando incríbles pecios.
Pois non é imaxinación, é a vida de Gonzalo Insua e Alicia Carrillo.
Un bo día os nosos protagonistas recibiron información sobre as axudas dos fondos europeos xestionados polo GALP Costa Sostible… e o demáis xa é historia.
O seu restaurante foi bautizado co nome dunha corbeta francesa afundida en Fisterra en 1803. Pero non se limitaron ao nome: as instalación recrean o interior desa corbeta e os ollos de peixe móstrannos esceas dese mundo submarino, que en Fisterra alcanza gran protagonismo grazas ao fondo arenoso e á claridade das augas.
Imos agora coa parte gastronómica. ¿Cómo crees que vai resultar? Poi eso: paixonal. Produtos con forte sabor. O polbo é esencial na cociá de La Bayonnaise. E como aquí se traballa con produtos de cercanía, o polbo de lonxa é fundamental.
Claro está que non se poden limitar a presentalo nas versións tradicionais “á feira” ou á galega. Non, non, isto rompería todo o noso argumento e afortunadamente, iso non sucede. Ven probara a súa cazuela de polbo con langostinos, ven descubrir a pizza de polbo. Ven ver como as incríbles algas se adueñan do menú: callos aos que a wakame aporta hidratación do mar, lasagna con leituga de mar ou churrasco con kombú.
Outro gran apartado do menú esta dedicado a sorprender con produtos de menor abolengo. Un sentido de sostenibilidade e de valorar o propio, tamén os levou a perfeccionar preparacións de pratos de orixe máis humilde. Peixe azul como a caballar ou o xurel, ou outras especies habituais por estos mares coma a raia e o melgacho ascenden na súa peculiar escalafón social para converterse en iso que agora se denomina experiencia gastronómica e que sempre consistiu en comer ben e a gusto.
Resumindo, recomendámoste que busques na carta o símbolo de Km.0 e que te deixes levar, coma se fosen as ondas do mar as que te mecesen de prato en prato. Disfrutarás.
La Bayonnaise tivo un triste final, a súa tripulación a embarrancou e lle prendeu lume para evitar que caese en mans inglesas. Pero despois de comer aquí varias veces, estamos seguros de que ao restaurante lle espera un futuro moitísimo máis venturoso.
La Bayonnaise 1803 está na rúa Pasadoiros, 2. Fisterra. www.labayonnaise.com