
O restaurante Ríos O Freixo ten algo de xaponés. Non nos confundamos, non se adican ao ramen nin ao sushi. O aire nipón venlle dado pola estética e a forma de trabajar que rexeita calqueira tipo de artificio. Dende a vestimenta ata a decoración do local, todo está encamiñado a evitar distraccións. Cando se presta tanta atención aos detalles, non estamos a falar de algo casual: o restaurante Ríos apunta directamente á esenza das cousas.
A definición da carta tamén móvese polos mesmos derroteiros: mariscos, peixes, arroces e postres. Ideas claras.


Situado na fachada do peirao de O Freixo (Outes), ten nos produtos Km. 0 a súa razón de ser. O mar é a súa despensa inmediata. As lonxas de Ribeira, Muros e Fisterra provéenlles de peixes, a propia lonxa de O Freixo apórtalles mariscos -entre eles, as ostras, que son unha das bases da súa cociña- e inevitablemente os mellores berberechos do mundo. A lonxa de Lira tamén é visitada polos irmáns Ríos para adquirir fermosas nécoras e grandiosas centolas. Todo iso a menos de 100 kilómetros da súa cociña, como ben reza o precepto Km. 0 de MarGalaica, un marchamo de calidade, de frescura e incluso de respecto polo medio.

Os irmáns dinnos que cociñan o que trae a marea. E o fan con absoluta precisión. Utilizan unha expresión que nos fascina: “milimetrando o punto de cocción”. De novo asoma a perfección nipona.
Fernando e Domingo aportan o seu coñecemento aos mellores produtos da gran despensa mariña. Cando te enfrentas a materia prima de tan alta calidade, estás obligado a poñer todo da túa parte para non quedar atrás. Tes que perfeccionarte ao máximo. Aproveitar o mellor que trae a marea. Contar siempre cos produtos de tempada. Estar atento aos exemplares máis fermosos.

E manter a tradición sen rexeitar a innovación. Iso sí, sen tomar riscos: apostando sobre seguro. Un exemplo, na súa carta de hoxe atopamos tres propostas de zamburiñas: as tradicionais á plancha, outras aderezadas con algo tan galego como unha salsa de viño albariño e unhas terceiras zamburiñas, máis sorprendentes, acompañadas con verduritas e tociño ibérico. ¿Cántas veces practicaron a receita Fernando e Domingo ata considerala merecedora dos seus clientes? Só eles o saben.
Todo isto ten premio: a recente concesión dun Sol Repsol foi seu. Parabéns!
Exactitud. Perfeccionamento. Realmente o Restaurante Ríos é un alarde de cociña galega, pero co estilo dos mellores restaurantes xaponeses. Unha delicia para os sentidos.








