G A L PSeo de FisterraRía de Muros-Noia
Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro
O Territorio
O territorio GALP Costa Sostible está situado na costa noroeste de Galicia, fronte ao Océano Atlántico; inclúe dúas áreas principais perfectamente definidas: a Ría de Muros-Noia e o sur da Costa da Morte.
Trátase dun fermoso territorio costeiro que posúe un bo número de áreas protexidas e sitios de interese comunitario, como o Monte Louro, o Monte Pindo ou o Estuario do Tambre; a eles incorpora escenarios de gran atracción turística, como o Cabo Fisterra, antigo fin do mundo dos romanos, o Castro de Baroña, a Fervenza do Ézaro e un bo número de excelentes areais e tamén poboacións cun extraordinario centro histórico, como Corcubión, Muros e Noia.
Este territorio conta cunha estreita vinculación co sector pesqueiro, tanto a nivel económico-laboral como no eido cultural e social. Dita vinculación revela unha marcada dependencia do sector da pesca nun 45%, aínda que é necesario sinalar unha crecente importancia do turismo. Conciliar ambos os sectores prioritarios, mantendo a sustentabilidade do territorio, é o noso obxectivo primordial; por iso a valoración dos proxectos aposta expresamente pola súa responsabilidade coa paisaxe, tendo en conta que a costa é sempre un ecosistema cun equilibrio delicado, e pola súa responsabilidade coas persoas, buscando un impacto positivo na poboación local.
O territorio comprende os concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son; ocupando unha superficie total de 593,4 Km2, cunha poboación actual de 58.613 habitantes.
Función do GALP
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra – Ría de Muros-Noia, Costa Sostible, ou máis sinxelamente, GALP Costa Sostible, é o responsable no seu territorio da xestión das axudas do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e Acuicultura. É o interlocutor para os promotores locais na súa procura de financiamento para iniciativas de interese económico e social.
O GALP Costa Sostible financia proxectos para a creación ou mellora de actividades económicas e de servizos de interese local ata o Horizonte 2027.
A nosa misión
A súa misión é fixar poboación e mellorar o nivel de vida dos habitantes apostando pola competitividade, animando a modernización tecnolóxica e a dixitalización, apoiando a investigación I+D+i, a economía circular e o lanzamento de novos produtos e servizos para acadar un Territorio Costeiro Sostible económicamente competitivo e resiliente, socialmente moderno, comprometido nas loitas globais contra o cambio climático e por un mundo máis xusto e inclusivo, a través da constante actualización de súa condición de territorio pesqueiro e da súa cultura mariñeira.
Nas súas actuacións, o GALP Costa Sostible axústase ao marco estratéxico europeo, nacional e autonómico; actuando con coherencia co Pacto Verde Europeo, coa Economía Azul Sostible, a Axenda 2030, o Desenvolvemento Local Participativo do Programa FEMPA en España e outros programas ou estratexias autonómicas.
O GALP Costa Sostible é un axente técnicamente solvente e un compañeiro cómplice para as persoas e as entidades, en particular do sector da pesca, no deseño e posta en marcha de iniciativas particulares e colectivas enmarcadas na aplicación local dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Noso GALP será recoñecido polos seguintes atributos e formas de actuación:
– Ser eficaz, xusto e transparente na xestión dos recursos do FEMPA e da Consellería do Mar.
– Ser proactivo e referente na transmisión práctica dos valores do crecemento ambientalmente sostible e socialmente xusto.
– Ser animador e cómplice das persoas e entidades do territorio na posta en marcha de iniciativas e na mellora da solvencia técnica e do impacto ambiental e social positivo das mesmas.
– Ser comprometido nas loitas da nosa xeración: contra o despoboamento e o envellecemento, pola adaptación e pervivencia da pesca costeira artesanal, pola igualdade de xénero, polo crecemento inclusivo e pola mitigación e adaptación ao cambio climático.
O GALP Costa Sostible será o axente que sempre axuda e que sempre esixe un pouco máis no compromiso co territorio.
Plan de acción. Obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Sostible.
Obxectivo estratéxico 1: aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo estratéxico 2: fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
Obxectivo estratéxico 3: impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
Obxectivo estratéxico 4: fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
Obxectivo estratéxico 5: reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Obxectivo 6: colaboración en iniciativas de interese compartido con outras zonas pesqueiras.
Concepto de Sostenibilidade
Abarca diversos aspectos:
- Atención á viabilidade técnica, económica, social e financieira dos proxectos. É moi importante que os proxectos partan dun análisis riguroso das suas opcións de futuro. Se están orientados ó mercado –os proxectos productivos- deben ser viables neste contorno.
- A sostenibilidade medioambiental e paisaxística. A costa é unha paisaxe sempre en equilibrio delicado. Calqueira acción debe ter en conta o seu impacto no entorno. Teremos en conta as suas implicacións nos ecosistemas locais e en tódalas formas de impacto paisaxístico para conseguir que a acción humana conserve e enriquezca o medio natural e cultural.
- A responsabilidade social. O GALP aposta por fórmulas de traballo que teñen un impacto positivo na sociedade local. Ademáis da creación de empleo, debemos loitar pola participación de tódolos cidadáns nos beneficios do progreso, atendendo ás persoas desfavorecidas ou con necesidades específicas.
A nosa estratexia para o Territorio
A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, é un documento que recolle as líñas básicas cas que traballa o GALP para determinar qué tipo de proxectos deben contar co seu apoio para conseguir ese objetivo de desenvolvemento sostible.
Foi aprobada polo GALP, reunindo ós representantes dos diversos sectores e intereses do territorio, e pola Consellería do Mar.
¿Qué vas atopar na EDLP Costa Sostible?
- O análisis do territorio, coas suas potencialidades.
- Os obxetivos marcados.
- Os tipos de proxectos subvencionables.
- Os porcentaxes de financiamento aplicables.
- As normas do funcionamiento do GALP.
- O presuposto de execución.
PARTICIPA
PARTICIPA: Forma parte do GALP
O GALP – Grupo de Acción Local Participativo é o organismo que regula a xestión das axudas do FEMP, é dicir, o substituto do GAC ata o 2020.
Estará integrado por representantes das Confrarías de Pescadores, dos Concellos, de Asociacións e Organizacións Sociais do territorio. Todas elas participan na toma de decisións sobre o destino dos fondos FEMP. Por iso, se formas parte dunha delas, podes informarte.
Requisitos para as Asociacións e Organizacións Sociais
- Ser unha entidade sen ánimo de lucro e estar formalmente constituída.
- Ter sede ou traballar nun ou varios municipios do Seo de Fisterra-Ría de Muros-
Noia: Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do
Son). - Non formar parte doutro GALP en constitución.
- Representar intereses dun colectivo:
Quen decide qué entidades forman parte do GALP?
Todos. É un proceso de concertación; formarán parte do GALP aquelas entidades capaces de acordar unha Estratexia común.
- Organizacións Empresariais e Asociacións de Profesionais, da pesca, da hostalería, do turismo e de calquera outro sector.
- Asociacións de Carácter Social que representen a colectivos das nosas comarcas: mulleres, xuventude, persoas con necesidades especiais, etc.
- Asociacións Culturais, Deportivas e de Defensa da Natureza.