
A UE destaca a Galicia e a Finlandia como bo exemplo de traballo
A UE distinguiu aos grupos galegos de acción local do sector pesqueiro (GALP) como exemplo para mostrar a outros territorios a súa acertada forma de traballo baseada na sostenibilidade de recursos e territorios.
Con este motivo, dúas técnicas da Xunta de Galicia desprazáronse a unha reunión de traballo organizada en Bruxelas pola rede europea de zonas pesqueiras (FARNET), onde realizaron unha exposición destas boas prácticas.
A nosa comunidade, pioneira nacional na posta en marcha destes grupos, conta actualmente con oito destas entidades, coas que cobre o espazo costeiro desde a mariña lucense ata A Guarda. Estas agrupacións, formadas polo tecido económico e social dos territorios que as integran, son as seguintes: A Mariña Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo-A Guarda.
En 2016 os GALP galegos xestionaron 6 millóns de euros cos que apoiaron un centenar de iniciativas en toda a comunidade. Concretamente o GALP Costa Sostible concedeu 1.588.561,75 euros en axudas que se materializan en 10 proxectos, dos cales 5 xa están a funcionar, xerando 20 postos de traballo.