
O GALP Costa Sostible, apoiando á ARD Ría de Muros Noia, pon en valor a gastronomía do seu territorio a través de Km 0 de Mar Galaica.
Grazas ao apoio e implicación do GALP Costa Sostible, o stand da Ría de Muros Noia en Turexpo contará cunha área de gastronomía dedicada aos produtos do territorio, que se mostrarán a través de diversos Show cookings e dun restaurante con cociña en vivo.
Os Show cookings celebraranse todos os días, de 12 a 14h. Neles colaborarán os restaurantes Casa Peto de Outes, Ríos e Pepe do Coxo de Ou Freixo (Outes), A Casa do Tella de Portosín (Porto do Son), Casa Boto de Noia e A Muradana de Muros.
Pola súa banda o servizo de restaurante realizarase entre as 14 e as 16 horas xoves e venres e os comensais poderán elixir o peixe que lles será cociñado en directo. A admisión no restaurante será por invitación e sorteo diario das persoas que se incriban previamente.
Nestas xornadas previas á celebración de Turexpo tiveron lugar lugar diversas mesas de traballo encamiñadas a organizar o espazo expositivo e á preparación da demostración gastronómica.
Nestas mesas, ademais da imprescindible colaboración da Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros Noia, tamén tivemos a fortuna de contar coas achegas de Jesus Ares, CEO de YouTravel, e de Juan Galego, deseñador especializado en imaxe turística.
Realizar unha promoción orientada á sustentabilidade e ao respecto pola nosa contorna é parte duns valores que nos levarán a crear a Costa Sostible, un territorio que aspira a mellorar a calidade de vida das persoas grazas á aposta decidida por alcanzar un crecemento responsable.